Formoso pide a Rueda que esixa á Comisión Europea que rectifique o veto á pesca de arrastre

Outra das demandas é a flexibilización dos prazos do Perte do automóbil

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 26/03/2023 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediu a Alfonso Rueda que aproveite a reunión que manterá este luns coa presidenta da Comisión Europea (CE), Ursula Von der Leyen, para esixir que a CE "rectifique o ataque á pesca galega", tras a decisión de prohibir a pesca de arrastre.

Así mesmo, outra das súas demandas ao presidente do Goberno galego para este encontro é que esixa a Europa que "permita ao Goberno de España a flexibilización dos prazos do Perte do automóbil", para que Stellantis Vigo "poida acometer os investimentos para garantir a plataforma do vehículo eléctrico que estableza perspectiva de futuro para a planta de Vigo".

Por outra banda, o líder dos socialistas galegos solicitou a Rueda que se comprometa co comisario de Traballo europeo en "rectificar a política de precariedade laboral do Sergas", xa que, na súa opinión, o persoal sanitario está "totalmente desmotivado".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta