Por Galicia Confidencial | Salvaterra do Miño | 29/03/2023 | Actualizada ás 10:20
Un halo solar anunciaba xa a última hora deste martes a chegada dunha fronte a Galicia. Captado en Salvaterra do Miño, recolle un fenómeno ótico con forma de anel, provocado pola refración da luz e por cristais de xeo en suspensión na atmosfera.
Constituído por un anel luminoso centrado no sol é causado pola presenza de nubes do tipo cirrostratus e é debido ao ángulo de incidencia da radiación solar coa capa de cirrostratus. Este tipo de nubes é tipicamente asociada ao prenúncio de choiva ou tempestade que chega pasado un ou dous días.
ALERTA
De feito, o norte das provincias da Coruña e de Lugo permanecerá en aviso amarelo este mércores por ventos que poderían superar os 80 quilómetros por hora e por fenómenos costeiros.
Este mércores espérase unha xornada en Galicia que arrincará con ceos despexados que irán cubríndose a medida en que avanza o día, con posibilidade de choivas débiles durante a tarde, sobre todo no oeste.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.