Atopan o corpo sen vida dun home no interior da caravana na que vivía en Ribeira

Os feitos están a ser investigados pola Policía Local e Nacional

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 31/03/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

Os bombeiros de Ribeira (A Coruña) tiveron que intervir para acceder ao interior da caravana na que reside un home foi localizado morto. O suceso, segundo informou o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ao redor das 14,00 horas deste venres na rúa Álvaro Cunqueiro do municipio barbancés.

Unha persoa chamou ao 112 para pedir axuda porque non era capaz de abrir a porta da caravana onde reside un familiar ao que podía ver no interior do vehículo pero que non respondía as súas chamadas.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Ribeira, que procederon a abrir a porta da caravana, onde constataron que o home estaba falecido. Os feitos están a ser investigados pola Policía Local e Nacional, alertados pola central de emerxencias.

Sede 112
Sede 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta