Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/04/2023 | Actualizada ás 11:47
A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), tras a realización dun estudo nas 50 capitais de provincia, advirte da ausencia de colectores de roupa nas rúas de seis cidades españolas, entre elas, Pontevedra e Ourense.
Segundo o comunicado da OCU, o impacto ambiental da reutilización de roupa "é 70 veces inferior ao da produción de pezas novas". Así, apunta que segundo Cáritas en España "apenas se recolle un 12%" da roupa que se tira, lonxe do 38% de media da Unión Europea".
No escrito destácase que esta situación "debería corrixirse nos próximos meses", xa que a Lei de Residuos obriga aos concellos a recoller de maneira separada o calzado e o téxtil antes do 31 de decembro de 2024. Nesta liña, OCU tamén esixe aos concellos que haxa "un número suficiente" de colectores de roupa usada, dado que "apenas hai un por cada 4.000 habitantes, cando os expertos recomendan que haxa polo menos un por cada 1.000".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.