Xa podes solicitar o voto por correo para as eleccións do 28M

Os electores que decidan votar por correo poden solicitalo ata o día 18 de maio

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/04/2023 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Xa é posible solicitar o voto por correo para as eleccións municipais e autonómicas (en caso de Galicia só municipais) que se celebrarán o domingo, 28 de maio de 2023, de acordo coa convocatoria publicada este martes.

Os electores que decidan votar por correo poden solicitar ata o día 18 de maio (inclusive) o Certificado da súa inscrición no Censo Electoral correspondente. A obtención deste certificado é requisito imprescindible para poder emitir o voto por correspondencia e pode solicitarse por vía telemática, a través da web www.correos.es, ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España.

Os electores poden solicitar o seu voto a través da web de Correos (www.correos.es), sen ter que acudir en persoa a unha oficina postal. Neste modelo de solicitude, que evita desprazamentos, o interesado debe acreditar a súa personalidade mediante firma electrónica e aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).

A solicitude de voto por correo pode realizarse en todas as oficinas de Correos de España. Esta petición debe ser realizada persoalmente por cada elector, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade -acreditada mediante certificación médica oficial- que lle impida a formulación persoal da devandita petición. Neste caso pode ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa personalidade presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, Pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Co obxectivo de axilizar os trámites e evitar esperas, a compañía ofrece a opción de cita previa para a solicitude do voto en oficinas, a través da app, a web de Correos ou a Oficina Virtual. Para iso o elector tan só debe seleccionar a oficina dispoñible que teña cita previa e, por último, elixir o día e a hora que máis lle conveñan.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral, quen enviarán aos solicitantes, a partir do 8 de maio, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo. O prazo de depósito do voto por correo finalizará o 24 de maio de 2023.

Unha oficina de Correos.. PICASA
Unha oficina de Correos.. PICASA | Fonte: CORREOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta