Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2023 | Actualizada ás 12:52
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) volverase a reunir na tarde deste mércores con representantes da delegación galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), que promove unha folga de facultativos indefinida para a partir do martes 11 de abril.
Así o confirman a Europa Press fontes de ambas as partes. Este encontro en Santiago, que será a partir das 17,00 horas, producirase en plena Semana Santa e a seis días do inicio deste paro.
Será a terceira reunión entre o sindicato e a Administración sanitaria --que non está representado na Mesa Sectorial, órgano ordinario de negociación co Sergas-- desde que a comezos de marzo se anunciase a convocatoria desta folga que non apoia, polo menos de forma aberta, ningunha outra organización.
Entre as reivindicacións de CESM están cuestións compartidas con outros sindicatos, como a xornada de 35 horas e outras melloras retributivas e de condicións laborais, pero tamén a posibilidade de que máis dun milleiro de facultativos que compatibilizan o seu labor na pública e na privada cobren o complemento específico. Trátase dunha cuestión que a Xunta xa se abriu a falar para o segundo semestre do ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.