A CESM reprochou ao Sergas que non cre nin unha soa praza en Atención Primaria, "cando está máis que saturada e os facultativos apenas poden dedicar sete minutos por paciente". "Con todo, si que se adquire material técnico como ecógrafos ou bisturís eléctricos, entre outros, para sobrecargar máis aínda aos traballadores", criticaron.