Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2023 | Actualizada ás 13:53
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) propuxo, na constitución da nova Mesa Sectorial de Sanidade, que se estude a posibilidade de implantar plans de educación para a saúde "ante o notable incremento da demandasanitaria, que está a provocar o absoluto desbordamento dos servizos", sinala.
Nun comunicado, o secretario xeral de CESM Galicia, Enrique Marra-López, que acudiu á reunión da Mesa Sectorial, considera que "en moitas ocasións, a demanda sanitaria non se corresponde con necesidades reais de saúde".
"Ante esta situación, é imprescindible unha educación para que tanto a poboación faga un uso adecuado dos recursos sanitarios á súa disposición como para que os profesionais contribuamos a esa sensibilización e orientación dos pacientes en busca dunha optimización do sistema sanitario que redunde en beneficio demédico e usuario", engade.
Da reunión da Mesa Sectorial, sinala que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, "anunciou que se centrará no documento Estratexia 2030, pendente de alegacións; no reto de atraer médicos a Galicia e na próxima creación da especialidade de Urxencias e Emerxencias a nivel nacional", cita, entre outros aspectos do contido da reunión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.