Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/02/2025 | Actualizada ás 19:36
O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, mostrouse satisfeito coa incorporación á oferta termal da provincia dun novo balneario, despois de que o hotel Oca Vila de Allariz comunicase a autorización oficial que certifica a súa condición como establecemento con instalacións balnearias e augas mineromenciñais. Deste xeito, Menor felicitou ao director do novo hotel balneario, Maike Pazos, durante unha reunión celebrada este luns no propio establecemento e convocada pola institución provincial para analizar o desenvolvemento do programa de termalismo social. Segundo indicou nunha nota de prensa a Deputación, durante a reunión púxose de manifesto o "grande interese" xerado polo programa provincial de 'Termalismo Social', cuxo prazo de apertura de solicitudes abriuse fai quince días rexistrando máis de 1.500 reservas nas primeiras dúas semanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.