Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2025 | Actualizada ás 21:30
Un veciño de 61 anos foi localizado morto no interior da súa vivenda, en Sada (A Coruña), despois de que un veciño alertase aos servizos de emerxencia tras non ter noticias del nunha semana. A intervención tivo lugar ás 17,15 horas deste luns nunha vivenda situada no lugar de Agra, na parroquia sadense de Carnoedo, segundo trasladaron fontes dos efectivos de emerxencias.
Un veciño da zona chamou este luns á Garda Civil para avisar de que facía días que non vía movemento na casa do seu veciño a pesar de que estaban encedidas as luces e o coche do seu ocupante estaba aparcado no garaxe. A alerta activou un operativo no que interviñeron os efectivos do parque de bombeiros de Betanzos, que entraron ao interior da vivenda por unha xanela. Alí, localizaron o corpo sen vida do falecido nunha habitación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.