Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 19:50
A folga de médicos en Galicia alcanzou o milleiro de cirurxías suspendidas na súa cuarta xornada. En concreto, na mañá deste venres tivéronse que anular 210 intervencións, o 33,76% da media habitual, o que supón que o cómputo se eleva ata as 1.001 desde que o martes arrincou o paro convocado pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM).
Ademais, de acordo cos últimos datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), a folga obrigou a aprazar 19.096 consultas externas, tras sumarse ao total as 4.265 da mañá deste venres, o 21,63% do habitual.
En canto ás probas anuladas, ao longo da mañá foron 402 --o 2,91%--, o que sitúa o total desde o martes en 1.700. O Sergas tamén ofreceu os seus propios datos do seguimento do paro correspondentes á quenda de tarde, que sitúa no 3,26% para o global de Galicia. É a cifra máis baixa no catro día que leva a folga, tras as tardes de xoves (3,35%), mércores (5,36%) e martes (4,04%).
Por áreas sanitarias, o seguimento foi do 4,96% na de Pontevedra-O salnés, do 4,38% na da Coruña-Cee e do 4,32% na de Lugo-A Mariña-Monforte. Séguenlles Ferrol (3,48%), Santiago-Barbanza (2,75%), Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras (2,58%) e Vigo (1,61%).
A folga indefinida de médicos cumpre catro días sen que por agora a Consellería de Sanidade e CESM se reunisen nin achegase posturas, a pesar de que ambas as partes fan unha chamada mutua ao diálogo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.