A folga médica en Galicia causa a anulación de máis de 1.500 cirurxías, 2.300 probas e 28.700 consultas

O Sergas sitúa no 10,49% o seguimento do paro na mañá deste mércores, a horas da reunión con CESM

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

A folga convocada pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) en Galicia leva suspendidas un total de 1.670 intervencións cirúrxicas, 32.696 consultas externas e 2.691 probas desde o seu arranque o pasado martes, 11 de abril.

Son datos que ofrece o Servizo Galego de Saúde (Sergas) na tarde deste mércores, actualizados á quenda de mañá da que é a novena xornada de folga.

En concreto, na mañá deste mércores tivéronse que aprazar outras 157 operacións, 335 probas e 3.995 consultas externas que se suman ao cómputo xeral.

O Sergas tamén ofreceu datos de seguimento da folga correspondentes á tarde deste mércores, precisamente mentres se produce a primeira reunión entre CESM e a Administración desde que arrincou o paro.

Na quenda de tarde, sempre segundo o Sergas, só secundan a folga o 3,04%. Por áreas sanitarias, a participación máis alta tena a de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, co 9,88%, mentres que o resto oscilan entre o 3,53% de Lugo-A Mariña-Monforte e o 0,96% de Vigo.

En paralelo, CESM e Sergas permanecen reunidos en Santiago desde as 17,00 horas da tarde para tentar lograr un acordo que desconvoque o conflito.

Unha señora espera en cadeira de rodas no Complexo Hospitalario Universitario durante a terceira xornada da folga de médicos galegos /Agostime - Europa Press / Europa Press
Unha señora espera en cadeira de rodas no Complexo Hospitalario Universitario durante a terceira xornada da folga de médicos galegos /Agostime - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta