Duras críticas ao sindicato médico CESM ao que acusan de facer folga para "subirse o soldo"

Defensa da Sanidade Pública cre que a situación da sanidade segue sen resolverse porque continúa a "falta de persoal e investimentos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), considera que o acordo asinado na noite do mércores entre a Consellería de Sanidade e a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) "non resolve os problemas" do sistema público "nin da poboación".

Antes ao contrario, xa que o adiamento de operacións, consultas e probas debido á folga de facultativos entre os días 11 e 19 de abril "incrementa aínda máis as actuais listas de espera". Nun contexto de Atención Primaria "en proceso de desmantelamento" e con "falta de persoal e de investimento", a asociación critica nun comunicado que CESM "só buscaba unha subida de soldo" para os facultativos que.

Ademais, sinala que o aumento retributivo é "espectacularmente" para quen compatibilizan a actividade na pública e na privada, que poderán cobrar parte do complemento específico a partir de 2024.

"Os intereses deste sindicato non son os da poboación, aínda que aproveitou as mobilizacións sociais para salvar a Atención Primaria e acabar coas listas de espera hospitalarias para os seus propios intereses, creando confusión", lamenta a AGDSP nun comunicado.

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 as médicas salvan vidas....

O que é vergonzante son os soldos de moitos funcionarios e asesores que non fan nada ... fronte a enfermeiros e médicos que salvan vidas.... eso tamén o saben os sindicatos .... que publiquen na prensa o que se cobran nas diputacións ..... somos patéticos....