Unha manifestación por un plan de xestión das Fragas do Eume "consensuado" reúne veciños, alcaldes e propietarios

Están afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) que a Xunta de Galicia presentou "sen dar resposta a moitas das alegacións, sen compensacións xustas polas limitacións para os usos das terras".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2023 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Veciños e propietarios de terreos do parque natural das Fragas do Eume manifestáronse este xoves para demandar á Xunta de Galicia un plan de xestión "consensuado e xusto". Na manifestación tamén participaron alcaldes de municipios afectados como o das Pontes, Valentín González Formoso; o de Pontedeume, Bernardo Fernández; o de Cabanas, Carlos Ladra; o da Capela, Manuel Meizoso; e o tenente de alcalde de Monfero, Alberto Cortizas.

Os rexedores socialistas, explican nun comunicado, apoian as reivindicacións dos veciños e propietarios dos terreos afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) das Fragas do Eume, que a Xunta de Galicia presentou "sen consenso nin diálogo, sen dar resposta a moitas das alegacións e sen ofrecer compensacións xustas polas limitacións que supón para os usos das terras".

Así as cousas, os propietarios demandan a retirada cuatelar do PRUX e convocaban a manifestación para esixir ao Goberno autonómico que o Plan se elabore "con consenso" e "contemple compensacións apropiadas" para os donos das terras, xa que consideran "insuficientes" as previstas actualmente.

Manifestación contra o Plan de Xestión das Fragas do Eume. PSDEG
Manifestación contra o Plan de Xestión das Fragas do Eume. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta