Viaxe de Pontón a Suíza o 14 de abril para manter encontros coa comunidade galega

A líder da oposición trasladará, ademais, "o interese do BNG nas problemáticas que afectan a galegas e galegos na emigración como as pensións dos retornados e a fiscalidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2023 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, manterá unha serie de encontros coa comunidade galega en Suíza entre os días 14 e 16 de abril, en concreto nas cidades de Xenebra, Zúric e Basilea.

Segundo informa a formación, manterá diversos encontros cos centros galegos e as galegas e galegos a título individual de distintas profesións "para coñecer a realidade da diáspora galega no país alpino".

A líder da oposición trasladará, ademais, "o interese do BNG nas problemáticas que afectan a galegas e galegos na emigración como as pensións dos retornados e a fiscalidade".

A axenda da portavoz nacional neses días consistirá dunha vista a galegos e galegas destacadas nas súas respectivas profesións nas cidades de Xenebra; en Basilea estará no centro galego Sementeira, onde manterá unha charla coa colectividade galega, e en Zúric falará nos centros de Ourense e Lalín.

Finalmente, nesta cidade fará un acto público. Ana Pontón estará acompañada pola eurodeputada do BNG e responsable de Relacións Internacionais, Ana Miranda.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta