Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2023 | Actualizada ás 11:47
Unha muller foi atendida no Hospital Arquitecto Marcide tras sufrir un incendio na súa casa de Ferrol. Segundo informou o 112, unha tixola ao lume foi a causa que orixinou o incendio, que apenas deixou danos materiais pero que levou á ocupante da vivenda ao hospital con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
Unha veciña, que observou a escena desde a súa casa de en fronte, contactou co 112 e advertiu de que a muller estaba a tratar de apagar un lume na cociña. Eran as 22,30 horas cando avisou a emerxencias. Os Bombeiros de Ferrol acoden ao domicilio na Rúa Fonte da Greza e sufocan as chamas.
Con todo, a ocupante da vivenda, que tentaba apagar o incendio, presentaba síntomas compatibles cunha intoxicación, polo que foi evacuada por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital Arquitecto Marcide.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.