Xa se poden consultar na rede os guións do primeiro programa en galego da BBC

'Galician Programme' foi a primeira emisión radiofónica en galego e contou coa colaboración de Fernández del Riego.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/04/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) difundiu en Internet os guións que recollen as colaboracións de Francisco Fernández del Riego, protagonista este ano do Día das Letras Galegas, no espazo dedicado á cultura galega 'Galician Programme' que emitiu a emisora británica BBC entre 1947 e 1956.

Segundo informou a institución nun comunicado, trátase da primeira programación radiofónica "estable" en lingua galega. O espazo estaba coordinado desde Galicia por Fernández del Riego e editado e presentado polo xornalista ourensán Alejandro Raimúndez.

Fernández del Riego era o encargado de conseguir as colaboracións de figuras da cultura galega de distintas xeracións "desde Otero Pedrayo, Rafael Dieste e Pura Vázquez a Manuel María", engade.

Antonio Raúl de Toro, especialista en literatura irlandesa, é o autor de 'Galicia desde Londres', volume no que se recollen os guións de 'Galician Programme'. Con motivo da homenaxe a Fernández del Riego, a RAG comparte en copia dixital os textos destes programas "con contribucións asinadas pola propia Rega".

Un dos guións de 'Galician Programme', espazo emitido pola cadea británica BBC entre 1947 e 1956. RAG
Un dos guións de 'Galician Programme', espazo emitido pola cadea británica BBC entre 1947 e 1956. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta