Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/04/2023 | Actualizada ás 17:28
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou este luns o municipio ourensán de Boborás, e destacou que esta localidade e os seus veciños son un exemplo de aposta polo "fermosismo" e a redución do impacto paisaxístico.
A conselleira referiuse ao compromiso da Xunta para fomentar actuacións que contribúan a reducir o impacto nas contornas de determinadas edificacións, equipamentos públicos ou elementos etnográficos deteriorados.
Nunha visita, acompañada pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e polo delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, a titular de Medio Ambiente sinalou que este concello ourensán, xunto con Lobios, foi o ano pasado o municipio máis beneficiado pola orde de incentivos convocada polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) para a corrección de impactos paisaxísticos en vivendas e propiedades privadas.
Durante a súa visita comprobou as actuacións nun dos inmobles beneficiarios das axudas, con traballos de limpeza nos exteriores e revestimento da vivenda; así mesmo, visitou o lavadoiro de Miandreiras, recuperado o ano pasado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.