Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2023 | Actualizada ás 18:39
Efectivos de Salvamento Marítimo remolcaron a porto este luns a un pesqueiro que solicitara axuda por un fallo mecánico na ría de Muros.
En concreto, segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, o pesqueiro Ruco solicitou apoio ao Centro Coordinador de Fisterra cando navegaba a un catro millas do Monte Louro, por mor dun fallo mecánico.
Ata o lugar desprazouse a Salvamar Régulus, que remolcou ao buque, con catro tripulantes a bordo, ata o porto de Porto do Son.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.