Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/04/2023 | Actualizada ás 18:37
A lei de artesanía de Galicia pasou este xoves o seu último repaso no Consello da Xunta e quedou lista para iniciar xa a súa tramitación o Parlamento autonómico. Esta normativa, en palabras do mandatario galego, Alfonso Rueda, servirá para "modernizar" este sector e incrementar "a profesionalidade e competitividade", actualizando un marco legal que leva vixente 30 anos.
A futura lei incorporará a "fusión de innovación e da tradición" dun sector artesanal "capaz de integrar o novo talento e de conservar e recuperar as distintas manifestacións artesanais tradicionais, asegurando a renovación xeracional", todo isto mediante a creación de zonas de especiais interese artesanal, espuxo Rueda, quen tamen puxo en valor a labor do sector asumindo que é un dos que "máis contribúen a xerar marca Galicia" .
Outra das novidades da futura lei que foron avanzadas polo presidente é a ampliación de ata case o 50% do número de artesáns que hai en Galicia. Tamén se incorporará a figura do mestre e mestra artesá, para o que se deberá levar polo menos 20 anos no oficio. Agora inicia a súa tramitación parlamentaria.
ITINERARIOS FORMATIVOS
Doutra banda, o Consello da Xunta deu luz verde ao novo decreto do plan de estudos dos ensinos artísticos superiores de Deseño, a través do cal se crean dous novos itinerarios na especialidade de produto: o xeneral e o de Xoiaría e Complementos. Ambos impartiranse na Escola de Arte Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela, o único que oferta esta especialidade en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.