Ata un 95% de seguemento na folga estudantil, segundo o sindicato Erguer

A organización esixe un ensino público, laico, científico, feminista e de calidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2023 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A organización estudantil Erguer. Estudantes da Galiza asegura que o seguemento da folga convocada no ámbito educativo galego para este 25 de abril acadou unha porcentaxe do 95% entre o estudantado, uns datos que "reflicten un éxito" para o sindicato.

Mobilización de estudantes na folga convocada por Erguer. ERGUER
Mobilización de estudantes na folga convocada por Erguer. ERGUER

Baixo o lema "Das aulas ás rúas, pola defensa do noso ensino", centos de alumnas e alumnos saíor as rúas das principais cidades e vilas do país para denunciar o "progresivo deterioro do ensino nos últimos anos, ocasionado polas agresións perpetradas cara o sistema educativo público tanto por parte do Goberno español como da Xunta".

Erguer centrou as súas reivindicacións nas críticas á Lei orgánica do sistema universitario (LOSU), "aprobada polo actual goberno para entregar asuniversidades ás grandes empresas e bancos. Con esta nova lei a universidade privada competirá deslealmente coa pública". O sindicato tamén denunciou a reorganización da Formación Profesional, "cuxo propósito e empregar ao alumnado en prácticas como fonte de man de obra barata".

Para o sindicato, é necesario insistir na necesidade da folga "contra o avance no país da privatización do ensino e da suba dos prezos, salientando a urxencia dunha lei galega de educación capaz de construír un ensino público, laico, científico, feminista e de calidade", ou o que eles definen como “un modelo de ensino accesible para todas e pensado por e para Galicia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta