Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2023 | Actualizada ás 17:18
Investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e da Universidade de Vigo (UVigo) crearon un software para estudar enfermidades neuropsiquiátricas, como a esquizofrenia, o alzhéimer e párkinson, entre outras.
'MyBrain-Seq' é o nome do programa que permite atopar biomarcadores xenéticos nas enfermidades mentais, así como mellorar o tempo de diagnóstico, aumentar a súa precisión e personalizar o tratamento dos pacientes con estes padecementos.
A importancia deste proxecto tecnolóxico radica en que estas enfermidades non teñen biomarcadores. Isto produce que os médicos se baseen só nos síntomas descritos polo paciente á hora de dar un diagnóstico. Ante isto, os investigadores viron a necesidade de desenvolver unha aplicación par poder atopar estes biomarcadores potenciais, que se atopan nos microARNs, por intermedio da epigenética.
Por isto, co desenvolvemento de 'MyBrain-Seq', un psiquiatra podería obter unha serie de marcadores que diagnostiquen a enfermidade do seu paciente, máis aló dos síntomas que este describa.
No desenvolvemento deste software foi liderado por parte da tese doutoral, da Facultade de Bioloxía da UVigo, de Daniel Pérez Rodríguez e dirixido polo profesor do departamento de Informática da Uvigo, Hugo López Fernández, e por un investigador sanitario do grupo de Investigación Traslacional en Enfermidades Neurológicas do IDIS, Roberto Agís Balboa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.