Aprobado en Ferrol o estudo de detalle para o taller de subbloques de Navantia

O rexedor estimou que este novo taller, onde está previsto acometer a fabricación de bloques de aceiro para a construción de buques, "vai situar a Navantia entre os estaleiros máis desenvolvidos do mundo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Xunta de goberno do Concello de Ferrol aprobou de maneira inicial a última hora da mañá deste venres o estudo de detalle para a construción dun taller de subbloques para o estaleiro de Navantia nesta cidade.

A partir de agora ábrese un período de exposición pública dun mes, coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), á vez que se solicitarán un total de sete informes sectoriais tanto organismo do Estado como da Xunta, tal e como recolle o anexo do regulamento da lei do chan de Galicia.

Posteriormente, será necesario resolver as alegacións, no caso de que sexan presentadas, e darase luz verde de maneira definitiva ao estudo de detalle nunha sesión plenaria. Segundo o alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), a administración local "deu hoxe un paso adiante nunha das obras máis importantes en canto á transformación do estaleiro de Ferrol".

O rexedor estimou que este novo taller, onde está previsto acometer a fabricación de bloques de aceiro para a construción de buques, "vai situar a Navantia entre os estaleiros máis desenvolvidos do mundo".

Por último, incidiu en que a aprobación do estudo de detalle é tamén unha "excelente noticia" para a cidade, posto que "vai en consonancia coa carga de traballo que está previsto desenvolver os estaleiros de Ferrol e Fene".

Navantia
Navantia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta