Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/09/2024 | Actualizada ás 11:15
As transferencias de vehículos de ocasión en Galicia caeron un 7,6 % no mes de agosto, ata as 9.786 unidades, con descenso tanto nos turismos (8.508, un 7,3 % menos) como nas furgonetas (1.278, un 9,6 % menos), segundo os datos feitos públicos este venres pola Asociación Nacional de Fabricantes de Vehículos, ANCOVE.
Por provincias, na Coruña rexistráronse 3.875 vendas de vehículos de segunda man, un 7,1 % menos que en agosto do ano pasado; en Lugo vendéronse 1.380 vehículos, unha caída do 6,9 %; en Ourense vendéronse 1.036 vehículos, un 9,5 % menos que hai un ano; e en Pontevedra transferíronse 3.495 unidades, un 7,9 % menos.
Con respecto aos datos acumulados, no primeiros oito meses do ano 2024, os rexistros arroxan cifran positivas en Galicia, xa que se venderon 88.756 vehículos de segunda man, 76.012 turismos (un 6,4 % máis) e 12.744 furgonetas (un 6,3 % máis).
A nivel nacional, o mes de agosto pechouse coa venda de 163.360 vehículos de ocasión (un 1,5 % menos), dos que 141.813 foron turismos e 21.574 foron furgonetas. En datos acumulados, a cifra suma 1.571.823 vehículos, un 8,4 % máis que no mesmo período do ano pasado. A pesar da caída de vendas en agosto, si creceu a demanda de vehículos eléctricos nun 61 % e estes supuxeron un 1 % da cota de mercado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.