Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 13:15
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu este martes ao Club Deportivo Arenteiro do Carballiño (Ourense) polo seu ascenso á Primeira Federación, terceira categoría a nivel nacional, tras unha "excepcional tempada".
Así o manifestou o mandatario autonómico na recepción celebrada na sede do Goberno galego do Pazo de Raxoi, en Santiago, na que tamén participaron o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, así como o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.
Rueda deu o seu parabén ao conxunto do Carballiño, á vez que lembrou a "vitoria moi importante" para Galicia que conseguiron en novembro coa Copa da Federación.
Este foi un éxito que agora se ve incrementado co seu ascenso a Primeira RFEF e que suporá, segundo sinalou o presidente da Xunta, "saír a xogar co nome de Galicia por toda España". "Galicia é un gran equipo porque se compón doutros grandes equipos que entre todos facedes esta terra", proclamou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.