Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2023 | Actualizada ás 10:00
Un estudo realizado por OpositaTest, plataforma online especializada na preparación de test para opositores, mostra que o 67% dos opositores galegos preparan dúas ou máis probas ao mesmo tempo, por enriba da media española.
O informe, titulado IV Radiografía do opositor e opositora españois 2023, foi realizado despois de entrevistar a 3.600 persoas que se atopan opositando agora mesmo. Dos entrevistados galegos, o 60% declarou ter ingresos por debaixo de 1.000 euros, mentres que outro 17% non conta con ningún ingreso. Por outra parte, o 68% de candidatos afirma que compatibiliza a oposición ou oposicións con un traballo. O 36% nunca preparara unha oposición antes.
UN PROCESO "FRUSTRANTE"
O CEO de OpositaTest, Jonathan García, explica que “o proceso de preparación dunha oposición é unha carreira de fondo que pode resultar frustrante, sobre todo, se non aprobas, algo que ocorre a miudo e que o opositor debe afrontar como unha aprendizaxe e parte do proceso".
"É fundamental contar con todas as ferramentas dispoñibles e que axuden a que o estudo sexa máis eficaz e de calidade. A tecnoloxía é clave a día de hoxe e o será cada vez máis. Gracias a ela podemos actualizar os contidos de forma moi áxil, pero sobre todo podemos personalizar o seu estudo para optimizar o seu tempo e que sexa realmente eficaz", engade García.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.