Rueda acusa á oposición de querer sacar "rédito político" coa multa de Baltar

O presidente galego insiste na teoría do "erro" e di que xa pediu "desculpas". O PSdeG de Ourense anuncia que acudirá á vía xudicial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/05/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A multa ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, segue dando que falar. E seguirá aínda dando que falar durante as vindeiras semanas. Así o cre o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda, que ten claro que é a oposición a quen alenta o "culebrón" Baltar pola proximidade das eleccións locais.

O presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante un pleno ordinario da Deputación de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante un pleno ordinario da Deputación de Ourense | Fonte: Agostime - Europa Press

Rueda volveu insistir este xoves na teoría do "erro" e de que o presidente do PP ourensán xa deu explicacións públicas e pediu desculpas por ese "erro" de ir conducindo a 215km/h nun tramo limitado a 120Km/h e, ademais, co coche oficial da deputación. "Houbo un pleno xa no que el explicou o que pasou e lamentou a situación", dixo.

En todo caso, o presidente galego criticou o interese dos grupos da oposición por manter viva esta polémica. "Supoño que os partidos da oposición quererán sacar réditos políticos", dixo ao tempo que lembrou que el mesmo ten unha pregunta parlamentaria sobre esta cuestión o pleno da semana que vén.

Rueda destacou que, a pesar das explicacións públicas dadas por Baltar, "haberá outras actuacións posteriores", en relación ao xuízo que aínda ten pendente, onde tamén terá que explicar a súa versión. Precisamente, preguntado que fará o PPdeG se dese xuízo sae unha condena, Rueda evitou a pregunta. "Non tivo lugar a compaecencia e non quero prexulgar o que aínda non pasou", engadiu.

O PSdeG IRÁ AOS TRIBUNAIS

Pola súa banda, o portavoz do PSOE no pleno da Deputación de Ourense, Ignacio Gómez, recoñeceu que a vía política pola multa ao presidente provincial, Manuel Baltar, está "esgotada" unha vez que os seus "xefes" o avalan e non lle instan a dimitir, pero advertiu de que os socialistas "non van parar aquí" e avanzou que o "tentarán" na vía xudicial.

En declaracións aos medios posteriores ao pleno provincial, e tras insistir en que Baltar está "a pór aos pés dos cabalos" aos funcionarios, incidiu en que se trata dunha cuestión "suficientemente grave" que non é un feito illado, polo que agora estudarán a vía xudicial máis apropiada.

Así, valorarán a fórmula máis apropiada dunha denuncia ou pór en coñecemento os datos ante Fiscalía, da que lembrou que "pode actuar de oficio" respecto diso dos "datos públicos e notorios" que o PSOE observa no uso do parque móbil da institución provincial.

FORMOSO DECLARA

secretario xeral do PSdeGValentín González Formoso, volveu a evitar este xoves pedir a dimisión do presidente da Deputación de OurenseManuel Baltar, tras ser interceptado cando conducía un vehículo oficial a 215 quilómetros por hora e sostivo que "o que toca é que se lle aplique a lei como a calquera cidadán" e considerao "unha barbaridade"

Tras iso, dixo que aspectos relevantes como o cumprimento do código penal teñen que ser "relevantes" para calquera cargo público, aínda que sexa o presidente da Deputación de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta