Por E.P. | VIGO | 10/05/2023 | Actualizada ás 20:03
Un home resultou ferido na localidade pontevedresa de Forcarei tras caerlle nunha perna o remolque do seu tractor.
Tal como informou o 112 Galicia, o home traballaba na súa leira, situada no lugar de Pontefreixeira, cando sucedeu o accidente, sobre as 17,00 horas.
Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, polo que á súa vez deron aviso aos profesionais de urxencias sanitarios e á Garda Civil. O home foi trasladado ao Hospital Montecelo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.