O Colexio de Xornalistas pide aos partidos "respecto" polos xornalistas

Insta as candidaturas a que se comprometan "a contratar xornalistas" para os postos informativos nas institucións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), ante o inicio esta medianoite da campaña para as eleccións municipais do 28 de maio, pide a todos os partidos que concorren "respecto" polo traballo dos xornalistas e polo dereito á información da cidadanía.

De igual modo, a través dun comunicado, insta as candidaturas a que se comprometan "a contratar xornalistas" para os postos informativos nas institucións e a asinar o 'Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística' desde as distintas administracións.

O colexio considera que a cita coas urnas debería "significar unha oportunidade para que brille o mellor xornalismo". A pesar diso, recoñece que "en demasiadas ocasións" acaba sendo un "estado de excepción do dereito a informar".

Neste sentido, o colectivo profesional denuncia que os bloques de información electoral "que se impoñen" aos medios audiovisuais nas campañas supoñen "un atentado contra os criterios electorais e priman a propaganda sobre o interese informativo".

De feito, o colexio cre que "cada vez son máis numerosas as trabas" dos partidos á liberdade de prensa, a través de vetos, limitacións aos debates e os actos sen preguntas, entre outros. Por iso, a xunta de goberno desta entidade chama aos distintos partidos a pór "punto final a todas estas prácticas".

Imaxe recurso xornalista
Imaxe recurso xornalista | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta