As mulleres, as consumidoras por excelencia do "true crime"

Según expertos, o xénero femenino, síntese máis identificado e ve como unha ferramenta de aprendizaxe este xénero basado en feitos reais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O "true crime" ou o que é o mismo, as historias basadas en feitos reais de crimes inunda a industria cinematográfica e están cada vez máis presentes nas diferentes canles e plataformas OTT´s. A morte, os asasinatos e as violacións converten este xénero no segundo predilecto pola audiencia, só superado polo humor, segundo o estudio TGI Global Quick View de Kantar.

Muller vendo a televisión/NBCnews/andresr / Getty Images
Muller vendo a televisión/NBCnews/andresr / Getty Images

As mulleres representan un 80% do púlico deste xénero. "Sentímonos máis doadamente identificadas cos crimes xa que a violencia de xénero fíxonos sentir máis vulnerables e susceptibles e polo tanto a estar máis alerta" explica a psicóloga Mireia Cabero. Ademais, engade que "as mulleres usan este contido a modo de aprendizaxe e tamén a causa da empatía e identificación da víctima. Esta información fainas coñecedoras de realidades posibles e xera un falso efecto de seguridade".

Aínda que o gusto por este tipo de contido audiovisual non implica ninguna tendencia criminal, si pode xerar efectos negativos para a saúde mental. "Sentir terror constante ou ansiedade, vivir en alerta de maneira persistente, non sair da casa ou visualizar recurrentemente esceas de crimes son algúns dos signos de alarma de que o consumo é excesivo" alerta Cabero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta