Vegalsa-Eroski conmemora o Días das Letras a través das súas bolsas de supermercado

Vegalsa-Eroski,aliada coa vasca Eroski, distribuirá bolsas deseñadas polos alumnos do CEIP Juan Rey para promocionar este día.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/05/2023 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa, aliada coa vasca Eroski, súmase á celebración do Día das Letras Galegas rendendo homenaxe ao autor recoñecido nesta edición, Francisco Fernández del Riego, a través dos establecementos das enseñas Eroski, Eroski City, Autoservicios Familia e Cash Record en Galicia. 

Iniciativa de Vegalsa-Eroski para o Días das Letras Galegas
Iniciativa de Vegalsa-Eroski para o Días das Letras Galegas | Fonte: remitido

É unha iniciativa moi semellante á que durante algúns anos realizou a tamén cadea de supermercados Gadis que este 2023 apostou por un fanzine coa obra de talentos emerxentes que distribuirá nas súas tendas. En todo caso, a proposta orixinal parte desde Política Lingüística que é quen pide a colaboración destas grandes cadeas de distribución para visibilizar a importancia que este día ten na sociedade galega.

Nun comuniddo, Vegalsa-Eroski sinala que 215 dos seus establecementos contarán nas súas instalacións con carteis conmemorativos para dar a coñecer a vida e obra de del Riego. O grupo empresarial pon en valor unha mostra da súa obra con carteis deseñados polos alumnos do CEIP Juan Rey de Lourenzá (Lugo), e cunha tirada especial de 21.000 bolsas de papel e máis de 1.400.000 bolsas de plástico para as tendas da súa rede

comercial das enseñas Eroski e Autoservicios Familia.

Como arranque da conmemoración desta efeméride, a compañía levou a cabo este luns no supermercado Eroski Center de Portanet, en Vigo, unha pegada simbólica de carteis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta