Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/05/2023 | Actualizada ás 12:04
O proxecto Arri(t)mar galardou á ourensá Arancha Nogueira co premio "Mellor poesía do ano 2022" en Galicia pola seu poema "Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados". No caso portugués este mismo título foi outorgado a María Isabel Fidalgo por "se de repente perto fosse um verbo". Ambas xuntaron case 40.000 votos despois de case un mes de votacións en aberto.
En Galicia, resto do podio foi conquistado por mulleres, Lorena Conde con "Se algunha cousa queren conmigo" e Yolanda Castaño con "As amigas".
Finalmente tamén se outorgou o "Premio Especial do Xurado á Embaixada da amizade Galego-lusófona" á Associação José Afonso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.