Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/05/2023 | Actualizada ás 13:31
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución das axudas complementarias que a Xunta convocou para alumnos das universidades públicas galegas que participan no programa Erasmus no presente curso 2022/2023. En total son 1.021 beneficiarios, 645 mulleres e 376 homes.
Entre as axudas concedidas, a maior parte son para estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (453 bolsas), seguida de Vigo (332) e A Coruña (236). Por áreas, 529 dos beneficiarios son alumnos de Ciencias Sociais e Xurídicas, 138 de Artes e Humanidades, 129 de Ciencias da Saúde, 128 de Enxeñaría e Arquitectura e 97 de Ciencias.
A contía das bolsas oscila, en función da duración da mobilidade (entre tres e nove meses) e do país de destino, entre os 512 euros e os 2.255 euros, de forma que a axuda media é de 1.446 euros. Ademais, 612 alumnos perciben unha asignación adicional de 500 euros por contar cunha media de expediente académico igual ou superior a sete puntos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.