Pontón ve "moi nervioso" ao PPdeG nestas eleccións

Chama a "concentrar o voto" en Goretti Sanmartín e apela a todos os que votaron ao BNG nas galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, chamou a "concentrar o voto" na candidata do Bloque en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e apelou en xeral en Galicia e en particular na capital galega a todas aquelas persoas que colleron a papeleta nacionalista nas galegas de 2020, que situou á formación como segunda de Galicia e primeira da oposición no Parlamento, a volver repetilo o próximo 28 de maio.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a candidata do BNG en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a candidata do BNG en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín | Fonte: Europa Press

"O PP non ten ningún proxecto que ofrecerlle aos veciños das cidades, estamos ante unhas eleccións municipais nas que vexo a un PP moi nervioso co BNG e que non ten nada que ofrecer aos veciños", aseverou Pontón a preguntas dos medios, nunha resposta na que contrapuxo o "proxecto de país" do BNG, que "está a crecer" nestas municipais e que é a "forza do cambio real".

EN SANTIAGO

E no caso de Santiago de Compostela, "fronte ao que representa o PP coa peor alcaldía, o BNG ten unha alternativa para darlle un futuro mellor". Por iso é polo que insistiu no seu "chamamento" para "facer historia, para ter por primeira vez unha alcaldesa para darlle a volta á cidade que está de canga baixa".

Nun acto sectorial de turismo este martes en Santiago de Compostela, no que Sanmartín presentou as liñas básicas da súa proposta para este ámbito, Pontón salientou que en Compostela hai "dúas alternativas: ou BNG ou PP". "Ou facer historia para que esta cidade teña por primeira vez unha alcaldesa liderando a cidade" ou un PP que cando dirixiu o Pazo de Raxoi "demostrou que é un dos gobernos máis letais".

A dirixente nacionalista mostrouse segura de que "a maioría dos veciños queren ter unha alcaldesa para afrontar os retos da cidade de Santiago de Compostela, co corazón na cidade". E, por iso, chamou a "concentrar o voto na candidatura do BNG, todo o voto na candidatura de Goretti Sanmartín, para darlle o futuro de Santiago de Compostela".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta