As Tanxugueiras gaña dous Premios MIN co seu disco 'Diluvio'

Os galardóns chegan apenas dúas semanas tras a estrea do seu novo tema 'Aire'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2023 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

Tanxugueiras gañaron co seu disco 'Diluvio' dous Premios MIN, o 'Mellor Albúm de Música de Raíz' e o 'Mellor Albúm en Galego', tras concorrer en sete categorías. Estes galardóns, que contan con 21 categorías, celebrouse o mércores 17 de maio en Mallorca (Illas Baleares).

'Diluvio', que fixo que a banda gañase dous premios, foi editado no verán de 2022 por Calaverita Records. Ademais, este dobre recoñecemento para o trío galego chega despois de recoller o pasado mes o premio a 'Artista Revelación Alternativo 2023' outorgado polos Premios Odeón e apenas dúas semanas tras a estrea do seu novo tema 'Aire'. Así mesmo, na gala, presentada por Samantha Hudson, tamén foron premiados Os Estanques e Anni B Sweet (gañadores en cinco categorías) ou Biznaga (en dúas).

O novo e terceiro álbum de Tanxugueiras, 'Diluvio'.. TANXUGUEIRAS
O novo e terceiro álbum de Tanxugueiras, 'Diluvio'.. TANXUGUEIRAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta