Cortada a N-6 en Coirós tras o envorco dun camión que transportaba auga

Un condutor ferido tras saírse da vía e caer por un desnivel o coche no que viaxaba

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2023 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O envorco dun camión que transportaba palés de auga obrigou na tarde deste venres a cortar a circulación da N-6 en ambos os sentidos. Sobre as 19,00 horas, os servizos de emerxencias aínda traballaban con guindastres e unha pa para retirar o vehículo e a mercadoría caída ao asfalto.

Segundo informa o 112 Galicia, varias persoas que circulaban polo lugar puxéronse en contacto co número de emerxencias pouco antes das 15,30 horas para alertar de que un camión envorcara no quilómetro 569, á altura da parroquia de Colantres, en Coirós.

Ademais, estes cidadáns que daban a voz de alarma apuntaban que o condutor estaba no exterior do vehículo e que non parecía ferido de gravidade, mentres que a carga estaba esparexida pola vía.

Así, os xestores do 112 coordinaron a acción de diferentes grupos de intervención. Puxeron sobre aviso a Urxencias Sanitarias-061, que enviou ao seu persoal en ambulancia, así como aos bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico e aos operarios de mantemento da estrada. Os servizos de emerxencias traballan no punto, con guindastres e unha pa, para despexar a vía e restablecer as condicións de seguridade.

SAÍDA DE VÍA EN TEO

Por outra banda, a saída de vía dun coche en Teo deixou ao condutor e único ocupante do mesmo ferido. Ocorreu pouco despois das 15,30 horas no quilómetro 6 da DP-6502, en Lampai.

Un particular alertou ao 112, tras o que a central de emerxencias avisou a Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil, ao servizo de emerxencias de Teo e á Policía Local. O vehículo tivo que ser retirado mediante un guindastre especial, posto que o vehículo caeu por un importante desnivel de varios metros.

Un axente da Garda Civil, de costas, xunto a un vehículo oficial
Un axente da Garda Civil, de costas, xunto a un vehículo oficial | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta