A Policía Nacional investiga unha presunta agresión sexual na zona de lecer nocturno do porto da Coruña

A investigación continúa aberta para tratar de esclarecer o ocorrido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2023 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A Policía Nacional investiga unha presunta agresión sexual na zona de lecer nocturno do porto da Coruña, nas proximidades dos complexo Cantóns Village, que se produciu na madrugada do sábado.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos ocorrerían sobre as 05,00 horas e a denuncia foi presentada en dependencias policiais na tarde deste sábado.

Estas mesmas fontes confirmaron que polo momento non houbo ningunha detención en relación a este caso. A investigación continúa aberta para tratar de esclarecer o ocorrido.

Coche patrulla da Policía Nacional.
Coche patrulla da Policía Nacional. | Fonte: POLICÍA NACIONAL. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta