Cancelado o debate da CRTVG entre os candidatos á Alcaldía de Santiago

O BNG denunciou a cancelación ante a xunta electoral provincial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2023 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

O debate entre candidatos á Alcaldía de Santiago de Compostela programado para este luns, día 22 de maio, pola CRTVG foi cancelado ao non acudir os alcaldables por coincidir coa cita programada pola Cadea Ser.

Desde que se coñeceu as datas fixadas no Plan de Cobertura da CRTVG, que marcaba para este luns a cita da capital galega, distintas formacións, como o PSdeG e o BNG, mostraran o seu malestar polo feito de que se fixase para este luns o debate.

Tal e como sinalaron fontes do PSdeG, para esta xornada, outro medio, a Cadena Ser, programara previamente o seu encontro entre candidatos á Alcaldía da capital galega e trasladado a comunicación aos partidos.

Así as cousas, nun comunicado remitido aos medios, o candidato polo PP, Borja Verea, lamentou que se tivese que cancelar o debate previsto para as 10,00 horas. Segundo apuntou, "ao ser o único candidato que confirmara a súa asistencia, foi desconvocado". Para o popular, é unha "pena" que se perda a oportunidade de debater nun medio público pero sinala que, como "sempre dixo", "estará onde estean o resto dos cabezas de lista".

En todo caso, agradeceu a disposición da Corporación de Radio e Televisión de Galicia e dos seus traballadores, así como o esforzo realizado por esta convocatoria.

Debate electoral CRTVG
Debate electoral CRTVG | Fonte: CORPORACIÓN DE RADIO E TELEVISIÓN DE GALICIA

DENUNCIA DO BNG

O BNG anunciou que presentará unha denuncia ante a xunta electoral provincial pola "manipulación" da CRTVG sobre a cancelación do debate electoral entre os candidatos de Santiago de Compostela, que tiña que celebrarse este luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta