Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/05/2023 | Actualizada ás 11:29
A Directiva da Academia Galega de Teatro acordou, na súa xuntanza celebrada o 19 de maio de 2023 no Pazo de Mariñán, conceder o Premio Academia Galega de Teatro 2023 a Rosa Álvarez Cabo, pola súa dilatada carreira, "sempre na procura da excelencia artística, e o seu compromiso coa loita pola dignificación da profesión teatral, nomeadamente pola visibilización e posta en valor do rol da muller no teatro galego".
Nun comunicado, a Academia Galega de Teatro destaca que se lle entregará este premio o venres, 21 de xullo, ás 13:00 horas, no salón de actos do Concello de Ribadavia, dentro da celebración da XXXIX Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.