Este é o mapa do impacto de ruidos nas estradas galegas

A Xunta selecciona 45 zonas prioritarias para o seu plan de redución de ruído en estradas, ao que destina 8,2 millóns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Un total de 45 zonas polas que transcorren 20 estradas autonómicas foron definidas como prioritarias para levar a cabo actuacións de redución do ruído a través dun plan ao que a Administración autonómica destina 8,19 millóns de euros.

Este martes, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aproba este plan de acción contra a contaminación acústica, que parte dos mapas elaborados en 2021 que definen os lugares onde actuar e as medidas a levar a cabo para reducir o ruído nas inmediacións das estradas.

En concreto, a estratexia delimita 734 zonas de actuación, das cales, 45 son prioritarias e que corresponden a 20 estradas autonómicas que suman unha lonxitude de 45,85. Destas, 17 están na Coruña (16,03 km), catro en Lugo (3,93 km), tres en Ourense (1,05 km) e 21 en Pontevedra (24,84 km).

O plan marca catro liñas de actuación --actuacións preventivas, de xestión, correctivas e de divulgación e educación-- para levar a cabo durante o próximos cinco anos.

A Xunta selecciona 45 zonas prioritarias para o seu plan de redución de ruído en estradas
A Xunta selecciona 45 zonas prioritarias para o seu plan de redución de ruído en estradas | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta