Viaqua insiste en que a auga de Betanzos é apta a pesar do brote de gastroenterite

Din que as súas analíticas son normais, aínda que doutras realizadas pola Xunta non se saben os resultados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 31/05/2023 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

As analíticas realizadas pola empresa concesionaria da rede de abastecemento de auga en Betanzos, onde se detectou un brote de gastroenterite, concluíron que os parámetros da mesma cumpren a normativa. Pero seguese á espera de coñecer tamén os resultados das analíticas realizadas pola Xunta, que tomou mostras en varios puntos do municipio.

"Mentres tanto, tendo en conta que se segue investigando a orixe do brote de gastroenterite e co fin de reducir ou eliminar potenciais riscos para a saúde da poboación, mantense a restrición do uso de auga de abastecemento para que non se utilice para a inxesta, lavado de alimentos nin hixiene bucodental". Ademais, indica que "non podendo descartar que a orixe estea en fontes públicas non conectadas á rede municipal, tamén se restrinxe o seu uso".

Por outra banda, indica que as analíticas realizadas polos laboratorios de Viaqua serán publicadas nas canles de comunicación do concello para coñecemento da poboación. Ademais, a nivel interno, mantivéronse reunións de traballo e coordinación para cubrir necesidades da poboación con Servizos Sociais, Protección Civil e Cruz Vermella.

Así mesmo, a esperar de poder determinar a orixe do brote, e tendo en conta a limitación do consumo de auga, iníciase a repartición de garrafas aos maiores de 75 anos que viven sós; a aqueles veciños que teñen problemas de mobilidade e a familias vulnerables. Os afectados tamén poderán porse en contacto con Servizos Sociais.

Auga saíndo do cano dunha fonte
Auga saíndo do cano dunha fonte | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta