Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 15:35
Un busto lembra desde este mércores no compostelán Pazo de San Roque a figura do intelectual e político galeguista Ramón Piñeiro, de cuxo nacemento se cumpren 108 anos. A obra creada polo ourensán Ramón Conde foi inaugurada este mércores no pazo santiagués, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación de Humanidades.
O acto, que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, tamén serviu para avanzar as actividades que o centro en honra ao intelectual galeguista levará a cabo durante os próximos meses.
Así pois, o Centro Ramón Piñeiro programa a creación dun espazo propio na sección de proxectos da páxina web da entidade, que incluirá a edición das conferencias das xornadas dedicadas ao político e pensador en 2022. Estas conferencias terá unha segunda edición que terá lugar o 3 e 4 de novembro centrado nos 40 anos da Lei de Normalización Lingüística aprobada no ano 1983.
Ademais, esta área de investigación programa unha reprodución facsimilar do 'Caderno da Exposición sobre ou Seminario de Estudos Galegos', que celebra este ano o seu centenario. Tamén publicará unha homenaxe a Manuel Murguía en Buenos Aires ou o XLVI Caderno Ramón Piñeiro, dedicado a Francisco Fernández del Riego, cuxa presentación a finais de ano pechará a programación institucional en torno ao homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.