Presentación dunha revista nazi na Coruña

Segundo conta chuza, a través do Galiza Indymedia, este sábado está previsa na Coruña a presentación de Identidad, unha revista de corte neonazi e racista...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/05/2008 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 Oscar

alaalegre, máis caldo de cultivo hai en Vigo que tén máis inmigrantes, e non hai ese problema; iso é cousa de catro señores medio tolos, e catro señores medio tolos poden xurdir en calquera sitio, ata nun sitio non que todos sexan "arios".
E dende logo, non creo que teña nada, nada, nada que ver cós de Galicia Monolingüe (en castejano, faltaría más, o sea).
Aos nazis, dende logo, ata onde eu sei (que non é que sabia moito de neonazis, por sorte), preocúpalles máis o asunto racial que o Modelo de Estado e a política lingüística.
E lémbroche que foi na Coruña onde xurdiu a primeira Irmandade da Fala.

7 Oscar

Carlos, iso non o digas nin en broma, é caer nun golpe moi, moi baixo. Non estar de acordo có que fai o Estado de Israel non implica simpatizar cós nazis, anque os da AGAI pretendan vendelo así. Se dixesemos que todos os que non están (estamos) de acordo con Hugo Chávez son feixistas (iso é o que el intenta vender) seguro que ti o negarías contundentemente. Pois o mesmo che digo; en política non hai que caer non que pretenden vender moitos, iso de "ou conmigo, ou contra min", "ou conmigo, ou eres un radical".

6 Carlos

Curioso o sosego con que se trata a presentación na Galiza dun panfleto xenófobo e nazi. So fora de AGAI seguro que as opinións serían máis contundentes.

5 alaalegre

Dacordo contigo nunha parte Oscar, pero as cousas non se dan por xeración espontanea. Si todos os sucesos ligados á extrema dereita se dan na Coruña será porque alí existe caldo de cultivo. Lembraste de Augusto Assía e sucesores, pois eso.

4 Galicia Confidencial » Blog Archive » Violencia xenófoba

[...] Parece que a ideoloxía nazi volve estar de actualidade. Ademáis da presentación dunha revista de corte nazi e racista na Coruña este sábado, os últimos ataques á comunidade xitana fan temer un rebrote de actitudes xenófobas e nazis entre determinados núcleos das poboacións de Lugo, Poio e A Coruña… [...]