Resultado electoral e futuro da esquerda

Xa adiantabamos no artigo anterior, as predicións electorais das eleccións municipais. Esperábase un avance da dereita e a ultra dereita e unha caída alarmante do PSOE e a esquerda do sistema.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 05/06/2023

Comparte esta noticia
Fóra de Galicia e Euskadi que obtiveron moi bos resultados.  O BNG  mantendo Pontevedra e sorprendendo en Compostela. As mareas desapareceron, Vox non fixo pé, cidadáns desapareceu e o PSOE perde o bastión da Deputación de Pontevedra. A dupla Esquerda Unida - Podemos quedou sen concelleiros en Vigo e con resultados marxinais no resto do país.
 
O resultado electoral obrigo a Pedro Sánchez a adiantar as eleccións xerais, para evitar outro desastre electoral.   O  PP con este resultado séntese fortalecido e animado a pactar con Vox e producir unha regresión reaccionaria.
 
O xiro á dereita do electorado estatal está moi vinculado ao fracaso político das conviccións socia liberais de Pedro Sánchez e os seus socios Podemos - Esquerda Unida. Os sectores excluídos da sociedade cada vez séntense menos representados polos partidos do sistema. Non hai que ir moi lonxe para ver como o desencanto dos traballadores, os mozos, os simpatizantes comunistas e socialistas foron dando o seu apoio a Le Pen en Francia. Os ciclos reformistas conclúen coa frustración colectiva dos traballadores e as traballadoras., Fronte a unha dereita populista que recorre a todo tipo de artimañas para impoñer os seus gobernos neoliberais. Pero non é a súa culpa. A gran responsable é a traizón do PSOE e os partidos que abalan a democracia liberal.  Temos que lembrar que as ideas do eurocomunismo aínda están vixentes en España e parte de Europa. Santiago Carrrillo “deixo atado e ben atado¨” o reformismo, o pacto de clases, a incomprensión dos fenómenos nacionais das nacións sen estado. Soamente en Galicia, Catalunya e Euskadi as concepcións rupturistas e republicanas teñen unha tradición.  O sistema nestes anos preocupar de inventar unha esquerda dócil, amigable que non puxese en risco o sistema capitalista. Primeiro con Esquerda Unida con algúns toques éticos con Julio Anguita, logo co invento mediático de Podemos co aval do trotskismo vernáculo e logo seguíronlle as Mareas, Máis País e agora o intento de candidatura de Yolanda Díaz. Os sectores autenticamente marxistas leninistas, da esquerda socialista ou republicanos,  non logran un espazo en común e menos vincular o problema nacional coa loita de clases. Aínda a Fronte Popular é unha idea que  está vixente, co obxectivo de proclamar unha Terceira Republica a través dunha Asemblea Constituínte, onde se garanta democraticamente, sen restricións o dereito de autodeterminación dos pobos. Como diría Lenin a democracia liberal só serve para que cada catro anos cambiamos de ditador, e ese gran ditador é o capitalismo neoliberal.
 
Moitos foron os erros que Pedro Sánchez e os seus socios pagasen nas urnas, a parte das promesas incumpridas, a traizón ao pobo saharauí, a implicación nunha guerra  en Ucraína propiciada pola OTAN etc.
 
Mentres tanto en Galicia e Euskadi os prognósticos indican un crecemento electoral que duplicase as bancadas de deputados de ambas duas formacións. Polo menos teremos voces que denuncien os plans do capitalismo salvaxe representado polo PP e VOX.

O presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, saúda á súa chegada a un acto de precampaña do partido, en Tenerife Espazo das Artes (TEA), a 7 de maio de 2023, en Santa Cruz de Tenerife, Tenerife, Canarias.. Europa Press
O presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, saúda á súa chegada a un acto de precampaña do partido, en Tenerife Espazo das Artes (TEA), a 7 de maio de 2023, en Santa Cruz de Tenerife, Tenerife, Canarias.. Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.