Investigada por danos en vehículos e ameazar a transeúntes cun coitelo en Carral

Por E.P. | A CORUÑA | 06/06/2023 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

A Garda Civil abriu dilixencias de investigación con respecto a unha veciña de Carral (A Coruña), como presunta autora de tres delitos de danos e outro de inxurias, e á que lle interviñeron un coitelo de grandes dimensións co que ameazaba aos transeúntes.

Segundo informaron fontes da Comandancia da Coruña, a investigación iniciouse por mor de varias chamadas de testemuñas, que alertaban da presenza dunha muller que abordaba á xente na rúa, proferindo insultos e ameazadas.

Nun destes episodios, a muller foi interceptada pola Policía Local e a Garda Civil, despois de causar danos nun coche e inxuriar á súa propietaria. Poucos días despois, a muller foi sorprendida alterando gravemente a orde pública, portando un coitelo co que ameazaba aos viandantes e aos vehículos que circulaban pola N-550, dificultando o tráfico e causando unha gran alarma.

Axentes da Garda Civil denunciaron á muller e interviñéronlle o coitelo, que ten unha folla de 32 centímetros, e atribúenlle danos en tres coches usando ese instrumento. As dilixencias practicadas serán postas a disposición do xulgado.

Coitelo intervido a unha veciña de Carral, investigada por danos e inxurias
Coitelo intervido a unha veciña de Carral, investigada por danos e inxurias | Fonte: GARDA CIVIL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta