Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2023 | Actualizada ás 12:51
A Xunta financiará con axudas por unha contía de 10.000 euros ás persoas autónomas que desexen volver emprender tras o cesamento de actividade. Estes apoios xa poden solicitarse, tras publicarse as bases da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). O prazo finalizará o próximo 31 de outubro.
Segundo detallou a Consellería de Promoción do Emprego, son axudas dirixidas ás persoas autónomas que se atopen en situación de desemprego e desexen volver emprender no mesmo ou diferente sector. Así, o Bono Nova Oportunidade está dotado de 1,5 millóns de euros, un crédito co que o Goberno galego prevé poder beneficiar a unhas 150 persoas traballadoras por conta propia.
Nesta liña, a Xunta pretende facilitar o retorno ao empredimiento das persoas que tiveron que pechar os seus negocios debido á crise provocada polo covid-19.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.