Bueno, se queres chámolle "vilas-dormitorio". ¿Cal é o problema?
alaalegre, a min alégrame, por unha vez e sen que sirva de precedente, o xiro que está a tomar agora o PP. Parece que nesta lexislatura se vai desvincular de todo o lixo feixista que tén. E por unha vez estou orgulloso do feito de que Fraga sexa galego, e paréceme un home de altura política e amplitude de miras.
http://www.elpais.com/articulo/espa...
Parece mentira, que Rajoy aínda se decate agora de que o que sabe de política no PP é precisamente don Manuel; pero alégrome, máis vale tarde ca nunca; tamén parece mentira que á súa idade, don Manuel teña máis frescura ideolóxica que moitos con cincuenta anos menos. É tamén me parece mentira, e sarcástico, que un home da súa idade poida ser, xunto con Gallardón, unha das cabezas visibles e pensantes da renovación do PP.
Tamén estou orgulloso, por esta vez, de que sexa Fraga quén fundase o PP; pois se a Gallardón moitos peperos o acusan de ser socialista ¡a ver quén lle di a Fraga que é socialista cando non o hai máis PPero ca el!
Xa o dicía nunha viñeta de El Jueves, a modo de ironía; aparecía un debuxo de Fraga no que dicía: ¡No se equivoquen, la renovación del PP la represento yo!
Todos sabemos, e ninguén con dous dedos de frente o negará, que Fraga é un home de grande capacidade intelectual e grande experiencia política, unha cabeza moi pensante, un xenio que o que tén é que unhas veces di as maiores tolerías (coma aquelo de "yo digo verdades sin condón y pienso morirme sin ponerme ninguno") e outras veces as maiores evidencias e sensateces das que ninguén se decata. Por sorte, agora parece que predomina nel a sensatez. O feito de botar a todo o lixo feixista do PP que el fundou é a mellor herdanza que nos pode dar a todos, inculso aos que non somos do PP, para cando fine, moito mellor que o seu mausoleo do Gaiás (outra tolería); pode ser a súa última oportunidade de morrer có orgullo de ter aportado algo moi positivo para todos.