Un galego "verde", alcalde de Xenebra

Alberto Varela, que se presentou polos Verdes, goberna a cidade suíza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/06/2023 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O galego Alfonso Gómez, nacido en Corme hai 63 anos, tomou este mércores posesión como alcalde da cidade suíza de Xenebra. Con motivo da súa investidura, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a través do seu presidente, Alberto Varela, envioulle unha carta de felicitación.

Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra
Alfonso Gómez, alcalde de Xenebra | Fonte: GC

Na misiva, Alberto Varela destaca a transcendencia do nomeamento e investidura de Alfonso Gómez, integrante dos Verdes, para os concellos galegos e para a cidadanía en xeral, dunha cidade como Xenebra tan importante para a emigración galega.

Tamén vincula a investidura deste mércores coas investiduras das alcaldías que van celebrarse o próximo 17 de xuño, sendo Alfonso Gómez o primeiro "alcalde galego" investido nesta quenda, e desexoulle éxito na súa xestión, como a todos os alcaldes e alcaldesas galegas que van ser investidas.

A carta finaliza cunha invitación para asistir á XI Asemblea da Fegamp, que se celebrará en novembro, e a manter un encontro no que "poder coñecer a situación das políticas públicas en Xenebra e Suíza e as principais preocupacións e retos dos concellos galegos".

Ademais, a través do seu perfil da rede social Twitter, a líder do BNG, Ana Pontón, felicitou ao novo alcalde de Xenebra, ao que definiu como un "galego de lei". "Galego de lei, orgullo fillo de emigrantes, estou convencida de que fará un gran traballo desde a súa xenerosidade, formación e talante político de progreso", sinala Pontón na súa mensaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ana Pontón fala co alcalde de Xenebra pero non fala co alcalde de Ourense ? Ao mellor ese é o motivo fundamental que lle permite a un galego ser Alcalde de Xenebra ! https://www.swissinfo.ch/por/por-qu... Que para ser alcalde cómpre falar con todo o mundo Galicia ist different ?