Medio milleiro de persoas contratadas en PEMES co impulso da Deputación da Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 08/06/2023 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña financia con 5,5 millóns de euros a contratación de 544 persoas en pequenas e medianas empresas da provincia da Coruña.

Plan de contratación da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Plan de contratación da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

A institución provincial publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución da concesión definitiva das axudas da liña PEL-PEMES do Plan de Emprego Local coas que financiará 326 novas contratacións.

Tamén se subvencionará, por segundo ano consecutivo, a contratación indefinida de 218 persoas traballadoras en pemes e microempresas que teñan o seu domicilio fiscal nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta