Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2023 | Actualizada ás 15:31
A conexión ferroviaria e a enerxética foron dúas das prioridades sinaladas pola confederación de empresarios de Galicia (CEG) e a comisión de coordinación e desenvolvemento da rexión norte de Portugal durante un encontro celebrado este martes.
Antes do mesmo, os seus representantes, Juan Vieites e António Cunha, respectivamente, ratificaron o seu compromiso por intensificar os lazos de ambas as zonas en sectores estratéxicos como o turismo. Xunto a eles, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, subliñou a aposta da Xunta pola "xeración de sinerxías" a través da cooperación transfronteiriza en ámbitos como a economía.
Pola súa banda, a CEG, que organizou o xantar-coloquio co presidente da Comissão de coordenação e desenvolvimento rexional do Norte CCDR-N de Portugal, António Cunha, e os sectores estratéxicos da confederación, urxiu as conexións pendentes tanto no ámbito ferroviario como enerxético, "como base da cohesión territorial, xa que Galicia e Portugal teñen retos comúns nos que deben cooperar e traballar conxuntamente para alcanzalos".
"É CLAVE"
"A situación xeográfica da eurorrexión será unha vantaxe se contamos cunhas infraestruturas de transporte adecuadas que permitan ser un nodo de conexión intercontinental. É clave axilizar a renovación da conexión ferroviaria de Galicia e Portugal. Vigo e O Porto deben estar canto antes conectados na contorna dunha hora e adecuar aos tempos e necesidades á actualidade", subliñou Juan Vieites.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.